Tuesday 14 de May de 2024

Presentadas no primeiro semestre do ano 35 comunicacións previas relacionadas con actividades empresariais


A Oficina Técnica Municipal tamén recibiu entre xaneiro e xuño solicitudes de licenza para a construción de 4 naves industriais e 9 vivendas unifamiliares

O Concello de Carballo recibiu no primeiro semestre deste ano un total de 35 comunicacións previas relacionadas con actividades empresariais, na súa maioría para a posta en marcha de novos negocios, e ademais moi variados.

Por poñer algúns exemplos, entre as iniciativas emprendedoras en marcha figuran varias relacionadas coa saúde (clínicas dentais e médicas), a beleza (salóns de peiteado e de estética), os servizos (xestorías, deseño dixital, ensino…), locais de oficinas, comercio en xeral e establecementos de hostalaría, que se concentran na zona urbana e nas parroquias costeiras, sobre todo na de Razo. Ademais, nove das 35 comunicacións previas están vinculadas ao parque comercial A Revolta, que entrou en funcionamento no mes de maio.

A actividade empresarial no noso concello non só se reflicte nos datos de activi-dade, senón tamén nos de obras de construción e renovación. Entre xaneiro e xuño presentáronse no Rexistro Municipal solicitudes de licenza para a constru-ción de 4 naves industriais no polígono de Bértoa, onde este tipo de obras teñen os días contados porque, tras o último concurso, só quedan 3 parcelas dispoñi-bles, tal como reflicte a páxina web de Xestur.

En canto aos proxectos de edificación residencial, nestes seis meses presentá-ronse solicitudes de licenza para a construción de 9 vivendas unifamiliares.